viernes, 18 de noviembre de 2016

Ximnasia rítmica

A ximnasia rítmica é un deporte que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres.
O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais,encadear exercicios difíciles equilibrados e fermosos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.

 Aro. Trátase dun elemento complicado. Ana Bessonova destacou polo seu bo facer con el.

Fita. A fita é vistosa e divertida. Emprégase con música alegre. A súa mellor representante foi Vera Sessina.

Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elexido polas profesionais da ximnasia rítmica.

Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre. Alina Kabaebva foi considerada a súa mellor representante.

Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes. A súa figura máis destacada foi Olga Kapranova.